Bens Raíces


Os investidores inmobiliarios están a adoptar unha nova perspectiva na que a flexibilidade, a sustentabilidade e a tecnoloxía impulsan as decisións.
En Terras Galegas, cremos que unha empresa que non funciona en harmonía coa súa contorna e as súas partes interesadas está condenada ao fracaso. O feito de ser unha empresa familiar permítenos adoptar unha visión a longo prazo e integrar criterios ambientais, sociais e de bo goberno nos nosos procesos de investimento. Ao realizar unha boa planificación patrimonial de investimento sostible sucede unha xestión patrimonial exitosa.
TERRAS GALEGAS
NOSA ESTRATEXIA
A nosa estratexia de investimento é adquirir bens de baixo valor, sexa por abandono, deterioración, ou outros aspectos… e darlle unha nova Vida rehabilitándoo, acondicionándoo, decorándoo, como sabemos facer!, sempre con todas nosas mellores propostas xerando desta maneira un «Valor Patrimonial».
Actualmente a nosa carteira esta composta por activos inmobiliarios valorados en 750K.
Terras Galegas ofréceche un servizo integro, tanto para a adquisición das nosas propiedades con valor Patrimonial para que poidas gozala ao día seguinte con todos os servizos, ultimas novidades, melloras enerxéticas, como para a xestión da túa compra ou venda ó mellorar o teu alugueiro, e realizámosche a rehabilitación, decoración e a final posta en Valor da túa Propiedade.