Construcción
ara grandes proxectos fan falta grandes expertos.
En TERRAS GALEGAS Construcións e Rehabilitacións ofrecemos un servizo íntegro aplicando un sistema de traballo que minimiza as esperas e optimiza os tempos de execución.
Contamos cunha estrutura e uns medios áxiles e modernos acordes cos nosos tempos, o que nos permite alcanzar dunha maneira dinámica e emprendedora os obxectivos na xestión e execución dos proxectos.
TERRAS GALEGAS
NOSA MISIÓN
A nosa misión é e foi sempre a de acompañar aos nosos clientes na obtención dos mellores resultados, facendo estes duradeiros no tempo, achegando os mellores materiais e as últimas tecnoloxías construtivas, apoiando a toma de decisións e desenvolvendo as ideas dos nosos clientes.
Apostamos pola eficiencia enerxética – Passivhaus – Rehabilitacións sostibles – Illamentos – Autoconsumo.
A nosa empresa está integrada por un equipo de profesionais que traballa constantemente para identificar e satisfacer as necesidades do mercado ao que se dirixe, son o noso maior valor.
A confianza e a formación dun equipo cos nosos clientes, sumada á experiencia e un enfoque práctico dos traballos son clave na nosa metodoloxía de traballo.
Creamos fogares. A familia é a base onde se inicia o desenvolvemento dunha persoa, de aí a importancia da familia no desenvolvemento social e emocional dos nenos, por iso crear un fogar para nós vai máis aló dos ladrillos e o cemento. Trátase de construír espazos onde as familias poidan crear valores, principios, habilidades, recordos duradeiros, e ese é o núcleo da nosa filosofía na Construción de vivendas.
TERRAS GALEGAS
CALIDADE E MEDIO
En Política de Calidade e medio ambiente TERRAS GALEGAS aspira a ser a primeira opción para os nosos clientes na realización dos servizos de Construción e Rehabilitación. Por esa razón a dirección desta empresa está a implantar un Sistema integrado de xestión de calidade e xestión ambiental cos obxectivos de :
+ Previr a contaminación durante a realización de todas actividades desenvolvidas pola empresa.
+ Cumprir a lexislación ambiental aplicable ás obras realizadas e as súas correspondentes localizacións e toda a relacionada cos servizos de construción e reparación.
+ Minimizar o impacto ambiental das nosas actividades.
+ Afirmar a filosofía de renovación e mellora continua da empresa.
+ Superar as expectativas dos clientes en relación aos traballos solicitados.
+ Asegurar a mellora continua da eficiencia do noso sistema integrado de Xestión de Calidade e Xestión Ambiental.
O conseguir estes obxectivos require a participación de todo o persoal de TERRAS GALEGAS DO NOROESTE S.L. que contará en todo momento co apoio da xerencia para o desenvolvemento correcto e eficaz das súas tarefas