Plantacións arbóreas


Plantar unha árbore é unha das accións máis sinxelas e significativas que podes facer polo medio ambiente e por ti mesmo.
Unha árbore pode parecer unha pequena cousa, pero o seu impacto pode ser enorme.
Terras Galegas parte da adquisición de propiedades rústicas no rural da nosa querida Galicia principalmente nos Concellos de Cerdedo-Cotobade e Lalín, para a recuperación e repoboación de superficies abandonadas plantando distintos tipos de especies segundo as máis idóneas para cada zona.
Nestes momentos temos máis de 6 Hectáreas en propiedade plantadas de diferentes especies como : Robles (Carballo), Cerdeiras, Castiñeiros, Eucalipto e Pino pais.
Contribuír a reducir a nosa pegada de carbono.
Ao contar cos nosos propios bosques corporativos demostramos ese compromiso co medio ambiente e ofrecer un valor engadido á nosa empresa.
Ao investir na creación dun bosque, estamos a investir nas xeracións futuras e nun futuro sostible para o noso planeta, ademais de contribuír a reducir a nosa pegada de carbono.
Coas nosas pequenas accións axudamos a combater o cambio climático.
As árbores son importantes para reducir os niveis de dióxido de carbono (CO2) na atmosfera. O CO2 é un dos principais gases de efecto invernadoiro que contribúen ao quecemento global e ao cambio climático.
